Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

OBRAS PÚBLICAS: Life is a paripé

Autoría e dirección: José Prieto
Elenco: César Goldi, Mos e Iolanda Muíños

A compañía Obras Públicas propón con este espectáculo un novo xénero de teatro, o paripé, onde a parodia e o humor deben ser rescatados dos bares e levados de volta aos teatros.

César Goldi, Mos e Iolanda Muíños compoñen o trío interpretativo desta montaxe dirixida polo gañador de dous premios Max José Prieto, en que mesturan en proporcións similares música (33%), teatro (33%) e cachondeo(33%), o que dá un total final de cen por cen de "paripé".

Life is a paripé está estruturada en once sketches que convidan a reflexionar sobre o que somos e o que aparentamos ser: Desfile de moda sexual, Reencontro de amantes, A castración de Manolo, O verdadeiro "Jamlet", Campións de zapping, Balada punkie para Cecilia, Drama do Actors Studio, A poetisa Sinforosa Prados, Zarzuela de gilipollas, Netos de Peter, Paul and Mary e Os nenos do Muro de Pink Floyd.
Life_is_a_paripe_200x200

Datas anteriores

10 de setembro - 11 de setembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)