Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CCG: Camiños en danza


O Centro Coreográfico Galego (CCG) desenvolve o ciclo "Camiños en danza", un novo programa de difusión da danza actual galega mediante a escenificación de accións e improvisacións coreográficas a partir do espectáculo Etheria, a viaxe soñada nun total de 17 concellos galegos. A Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Xacobeo 2010 colaboran nesta iniciativa que se desenvolverá ata setembro en emprazamentos ao aire libre e de tránsito público de localidades ubicadas nalgunha das rutas de peregrinación a Compostela.

Co subtítulo de Etheria sae ao teu paso, "Camiños en danza" recolle a actuación de entre 6 e 10 bailaríns e bailarinas integrantes do espectáculo de orixe, que saen ao encontro dos viandantes cunha interpretación de 20 minutos de duración e co acompañamento de música -fundamentalmente percusión- en directo. En cada emprazamento, os bailaríns realizan unha acción escénica diferente, na que xogan co baile e adecúan a súa actuación ao espazo natural o arquitectónico co que se atopan.

Etheria, a viaxe soñada é a cuarta produción propia da unidade de danza pertencente á Consellería de Cultura e Turismo a través de Agadic. Dirixida pola coreógrafa coruñesa Mercedes Suárez, a peza amosa unha particular visión do mundo das peregrinacións a través da recreación da historia da muller que puido ser a primeira peregrina galega.
Camiños en danza

Datas anteriores

9 de setembro
/// 20.00

O Cebreiro. Campo da Festa

7 de setembro
/// 20.00

Triacastela. Praza da Igrexa

4 de setembro
/// 20.30

Sarria. Praza da Vila

2 de setembro
/// 20.00

Portomarín. Praza Condes de Fenosa

31 de agosto
/// 21.00

Arzúa. Praza de Galicia

26 de agosto
/// 20.30

Ribadeo. Praza do Cantón

24 de agosto
/// 20.30

Sobrado dos Monxes. Praza do Concello

21 de agosto
/// 21.00

Baiona. Praza Padre Fernando

19 de agosto
/// 21.00

A Guarda. Auditorio de San Vento

17 de agosto
/// 21.30

O Grove. Praza de Arriba

14 de agosto
/// 21.00

Vilagarcía de Arousa. Praza da Ravella

12 de agosto
/// 21.00

Rianxo. Praza de Castelao

10 de agosto
/// 20.30

A Pobra do Caramiñal. Praza Cantón da Leña

9 de agosto
/// 21.00

Ribeira. Praza do Concello

5 de agosto
/// 20.30

Fisterra. Esplanada do porto

3 de agosto
/// 21.00

Muxía. Praza Cabo da Vila

26 de xullo
/// 13.00

Santiago de Compostela. Praza de Cervantes