Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CCG: Etheria, a viaxe soñada

Concepción, coreografía e dirección: Mercedes Suárez

Coa estrea de Etheria, a viaxe soñada, o Centro Coreográfico Galego ofrece a súa cuarta produción artística, na que presenta unha particular e accesible visión do mundo das peregrinacións, ao tempo brinda a súa proposta a un ano Xacobeo que inspira todo tipo de manifestacións culturais.

Trátase dunha peza audaz e dinámica pola súa capacidade de combinar, de xeito tan equilibrado como fluído, as representacións da historia milenaria con elementos da máis cotiá actualidade, a simboloxía clásica cos patróns máis contemporáneos.

Etheria, a viaxe soñada conta na súa xénese cunha sólida base histórica, cargada de documentadas alusións a coñecidas figuras da antigüidade galega, o que non lle impide á súa directora e coreógrafa, Mercedes Suárez, introducir axilmente no seu desenvolvemento elementos anacrónicos, reivindicando así o espírito universal e atemporal das grandes viaxes ao longo da historia da humanidade e da mitoloxía.

Todas estas viaxes teñen en común, na súa orixe, ser froito dunha chamada no interior das persoas, dunha necesidade espiritual que se satisfai a través do avance nun camiño. Esta é a idea da que parte a motivación do espectáculo.
Intérpretes: Irene Rubio, Ariel Gastón A. Caramés, Miguel Ángel Ponte, Elena Chamorro, Fátima Fernández, Beatriz Garrido, Ástrid Molinero, Lucía Antonella Sampieri, Pablo Aradillas, Juan Miguel Hernández, Pastor Rodríguez e Carlos Ugarriza.

Ligazóns relacionadas: Documentos relacionados:
Etheria

Datas anteriores

24 de febreiro
/// 20.30

Teatro de Madrid. MADRID

5 de febreiro
/// 20.00

Narón. Pazo da Cultura

15 de xaneiro
/// 20.30

Vigo. Centro Cultural Novacaixagalicia

23 de outubro
/// 20.30

Tui. Teatro Municipal-Área Panorámica

16 de outubro
/// 21.00

Pontevedra. Pazo da Cultura

18 de setembro
/// 20.00

Sober. Auditorio do Centro Sociocultural

28 de agosto

Lourenzá

28 de xullo - 29 de xullo
/// 21.30

Santiago de Compostela. Salón Teatro

10 de xullo
/// 00.30

Cangas do Morrazo.
Praza das Pontes

3 de xullo - 4 de xullo
/// 21.30

A Coruña. Teatro Rosalía Castro