Circo Europa: I Circo Europa Party
Organiza: Centro Dramático Galego
Colaboran: Pistacinco, Xacobeo 2010
Circo Europa despedirase do público compostelán o martes 29 de xuño cunha gran festa do circo dirixida pola
troupe de Pistacinco, na que participarán artistas locais e parte dos creadores europeos convidados ao encontro, entre eles os integrantes de Duelirium e Circo Expreso, as dúas formacións galegas clasificadas respectivamente entre as formacións finalistas e vencedoras do programa Jeunes Talents Cirque Europe 2009-2010.
Na xornada do luns traballarán conxuntamente para ensamblar os números de circo da que será a I Circo Europa Party arredor dunha temática clara: Compostela como punto de encontro europeo.