KPRODUCCIONES: La charca inútil
Autoría: David Desola
Dirección: Roberto Cerdá
David Desola escribiu esta obra tras coñecer polos medios de comunicación a historia dun profesor que, no ano 2005, recibiu unha malleira por parte dun alumno nos corredores da escola ante a mirada do resto da clase. Estas imaxes foron gravadas pola moza do agresor co teléfono móbil e vendidas a unha cadea televisiva. A obra aborda esta cuestión utilizando unhas personaxes atormentadas, vítimas dun ambiente opresivo, dunha sociedade que escarva na dor allea. Unhas personaxes que se refuxian na loucura para se manteren cordos.
La charca inútil conta a historia dun profesor en crise que tras ser agredido na escola non quere volver ao ensino. Porén, accede a dar clases particulares a un peculiar alumno, mentres inicia unha curiosa relación coa nai deste: unha muller que vive inmersa no universo que ela mesma creou como refuxio dunha realidade insoportable. Un vello mestre servirá de vínculo nesta estraña relación, dominada sempre por un terrible acontecemento.
O texto, galardoado co Premio Lope de Vega de Teatro en 2007, é un drama en que os personaxes mostran o seu desencanto pola crúa realidade da sociedade actual. A montaxe que protagoniza Adolfo Fernández, Sonia Almarcha e Miguel Palenzuela fala do fracaso escolar pero tamén da busca da felicidade e a dor pola pérdida.