KAMIKAZE PRODUCCIONES: La función por hacer
Autoría: Miguel del Arco e Aitor Tejada
Dirección: Miguel del Arco
Capacidade limitada a 80 espectadores en butacas sobre o escenario
Comeza unha función máis nun teatro calquera. Dous actores afánanse sobre o escenario por contar a historia que se lles encomendara. A obra en cuestión non achega nada novo, pero é áxil, incluso graciosa por momentos. Un espectáculo máis para entreterse. Pero algo estrano sucede durante a representación. Catro persoas aparecen entre o público e fican inmóviles observando aos actores. Este feito crea unha grande incomodidade, non só aos actores, que perden a concentración necesaria para seguir interpretando, senón tamén ao público que non está acostumado a estas interrupcións.
Contradicindo os desexos do autor que os soñou pero que non quixo, ou non puido conducirlles ao mundo da arte, estes cuatro personaxes falan directamente aos actores e ao público. Intentan captar a súa atención para poder así contarlles, e incluso revivir ante os seus ollos o drama que lles moveu a irrumpir na sala.
Os actores fan ao público partícipe da súa sorpresa: o que está a suceder, é parte da función, é un invento ou se trata dunha conspiración para reventar o espectáculo? Están estes catro personaxes compinchados cos actores ou son simples axitadores? É ésta a función? Desde cando se lle esixe ao público que se exprese durante unha representación de teatro? É isto un acto de terrorismo cultural?
A montaxe de Miguel del Arco e Aitor Tejada é unha adaptación libre da obra máis coñecida de Luigi Pirandello,
Seis personaxes en busca de autor; nesta versión, nada é previsible e a temática non simboliza o peche do argumento.