Conferencia "A lectura e a danza"
Promove:Centro Coreográfico Galego (CCG)
Entrada libre até completar a capacidade do teatro
Organizada polo Centro Coreográfico Galego (CCG), a actividade pretende achegar unha visión da danza a través da literatura e preséntase como xeito de aunar as celebracións este mes do Día Internacional do Libro (23 de abril) e do Día Internacional da Danza (29 de abril).
Á conferencia, de entrada libre até completar a capacidade do teatro, seguerá un coloquio cos asistentes no que tamén participará a profesora do CCG Pilar Peña: Farase mención ademais á colección editorial
Corpo de Letra, participada pola AGADIC, dentro da que xa se publicaron os volumes
O esgotamento da danza e
Arquitecturas da mirada e se está a preparar o que levará por título
Facer historia.
Fojón defenderá a necesidade de abordar conxuntamente danza e literatura, a través dun repaso ameno polos pensadores e escritores que, ao longo dos séculos, deixaron a súa reflexión sobre a actividade creativa e, concretamente, a coreográfica: Platón , Aristóteles , Cicerón , Rousseau , Kant , Schiller , Schopenhauer , Nietzsche , Wittgenstein , Leonardo da Vinci , Shakespeare , Descartes, Molière , Stendhal , T . Gautier, Tolstoi... Realizará tamén un breve percorrido pola historia da danza en Grecia, Roma, Idade Media, Renacemento e Idade Moderna, Romanticismo, Academicismo, Danza Moderna Americana e Danza Moderna Europea. A chamada "literatura bailada" será outro dos apectos que trasladará ao público, desde a traxedia grega até Lewis Carrol e os nosos contemporáneos, pasando por Shakespeare e Cervantes.
María Dolores Fojón Polanco (León, 1960) estuda dende 1967 ballet clásico, clásico español e folclore na súa cidade natal. En 1977 trasládase a Santiago de Compostela onde, baixo a dirección de Linda Morrison (americana formada na Juliard School of New York ), continúa co estudo de ballet clásico, moderno e jazz e realiza cursos de flamenco e escola boleira, danza antiga renacentista e barroca, danza afro-haitiana, bailes de salón, contact improvisation , técnicas corporais para a danza, etc. Completa a súa formación no Laban Center de Londres e na Escola Cubana de Ballet. Obtén o rexistro como profesora da Royal Academy of Dance of London onde completa os estudos até conseguir a categoría de Teacher Diploma . Desenvolve a súa actividade docente dende 1983 e é socia fundadora da escola Ballet Studio Galicia S.L . Combina o traballo de mestra na súa escola coa impartición de conferencias e cursos de danza antiga, danza contemporánea, educación a través do movemento, etc., tanto dentro como fóra de Galicia. Foi codirectora da compañía Bstudio de 1994 a 2001.