Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Voadora en coprodución co CDG: Super8

ESTREA

Autoría: Voadora
Dirección: Marta Pazos

Se os primeiros amores, os primeiros bicos seguen existindo só porque nós os lembramos, e de feito esta é a súa única existencia, entón todo o vivido vén ser unha novela en fase continua de corrección, un relato permanentemente reescrito. O mundo non existiría sen a memoria; en realidade, só existe a memoria. Non hai futuro, o presente pasa a ser memoria no instante seguinte, e un dos grandes descubrimentos deste século é o papel transcendental da memoria na configuración da nosa vida.

A pegada que deixa no inconsciente unha experiencia individual en forma de recordo insírese no noso hardware. Por iso dicimos que estamos programados para ser únicos, e as nosas decisións van ser o resultado non só da xenética cerebral, senón das pegadas deixadas pola nosa experiencia individual.

A memoria non é tan só un xigantesco almacén, senón un prodixioso disco duro que nos dota de identidade e nos fai absolutamente únicos. En Super8 cuestiónase o papel da memoria e os seus mecanismos na nosa identidade. Teatro, música en vivo, danza e maxia únense nun espectáculo onde os intérpretes se debaten entre a obsesión de recordar e a importancia de esquecer.

Super8 é a segunda parte da triloxía Lugares Comúns- Fracaso-Memoria-Paraíso. O proxecto investiga os espazos reais e imaxinarios que compartimos e como estes puntos de encontro inflúen na procura da identidade do individuo contemporáneo. Super8 é a cor da memoria.
Asistente de dirección: Anabell Gago
Apoio dramaturxia: Roberto Leal
Colaboración dramaturxia: Natalia Outeiro "Pajarito" e Afonso Castro
Espazo escénico: Sandra Varela
Deseño de luces: Baltasar Patiño
Música orixinal: Hugo Torres e Jose Díaz
Elenco: Jose Díaz, Marta Pazos, Hugo Torres, Uxía P. Vaello e Sergio Zearreta

Ligazóns relacionadas:
Super8

Datas anteriores

11 de abril
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

10 de abril
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

9 de abril
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)