Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Casa de Fados. Em concerto

Autoría: Carlos Saura, Iván Días e Sergi Almiñana
Dirección: Pedro de Castro

Casa de Fados é un proxecto que está formado polas voces e instrumentistas máis destacados da escena do fado actual, con vocalistas como Ricardo Ribeiro, Ana Sofía Varela e Pedro Mountinho, entre outros.

Creado para a película Fados de Carlos Saura, este grupo consolidouse como unha das formacións máis relevantes no fado internacional. O espectáculo pretende imitar o ambiente dunha casa de fado, termo referido a aquel local onde se canta o fado en Lisboa e onde o público rende culto a cantantes e músicos deste xénero. A posta en escena do concerto reproduce igualmente a estética e a visión que o cineasta aragonés pensara para a súa última película que completa una triloxía baseada nas músicas urbanas que naceron no século XIX en diferentes cidades e que se converteron en músicas universais. Se Iberia e Tangos falaban respectivamente do Flamenco e do Tango, en Fados o recoñecido director amosa a súa visión sobre esta música e a súa particular maneira de entender a vida.

En Casa de Fados actúan diferentes instrumentistas e cantantes, primeiras figuras do fado xunto a novas promesas que se converteron en artistas na vangarda desta música e que son amplamente recoñecidos como herdeiros de figuras como Amália Rodrigues ou Carlo do Carmo. Por primeira vez únense en escena catro fadistas e tres músicos de moi diferentes xeracións.
Escenografía e iluminación: Javier Quintanilla
Vestiario: Casa de Fados
Música: Pedro de Castro - Varios Autores
Son: Alfons Almiñana
Elenco: Pedro Castro, Jaime Santos, Joel Pina (músicos) / Ricardo Ribeiro,
Vicente da Câmara, Ana Sofía Varela e Pedro Moutinho (fadistas)

Casa de Fados. Em concerto

Datas anteriores

27 de marzo
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)