Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Festival Sinsal: MONO + Joe McPhee & Chris Corsano


Mono constitúe unha das formacións máis interesantes do panorama independente xaponés. Dentro do espectro do post-rock máis instrumental e narrativo, destacan pola precisión emocional dos seus temas e por unha carreira moi estable no que se refire ás calidades dos seus traballos. O cuarteto xaponés presentará neste concerto Hymn To The Inmortal Wind, o seu quinto e máis recente traballo, co que celebran o seu décimo aniversario.

Mono constrúe muros de son inmensos, os seus in crescendo memorables achégaos ao rock progresivo e os seus camiños entre o silencio e o ruído son levados con mestría e dramatismo. Son, sen dúbida, unha banda madura capaz de levar o rock cara a novas fronteiras.

O concerto conta coa presenza de Joe McPhee & Chris Corsano como artistas convidados. Saxofonista e percusionista respectivamente, estes dous músicos con traxectorias e escolas tan distintas xúntanse para produciren unha das colaboracións máis aplaudidas do free-jazz contemporáneo.
Ligazóns relacionadas:
mono

Datas anteriores

11 de marzo
/// 22.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)