Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatro do Atlántico: O xogo de Yalta. Afterplay

Autoría: Brian Friel
Dirección: Xúlio Lago

O xogo de Yalta. Partindo de A dama do canciño, un dos máis coñecidos e recoñecidos contos de Antón Chékhov, o irlandés Brian Friel constrúe esta fermosa e sorprendente peza dramática con saltos no tempo e no espazo que lanzan ao espectador a unha vertixinosa e máxica viaxe case "turística", con baixada posterior ao contraditorio e complexo mundo amoroso que envolve e convulsiona as vidas de Dmitry Dmitrich e a Anna Sergueyevna, situándoos nunha difícil encrucillada.

Afterplay. A necesidade de converter en plantación de eucaliptos o que ata agora fora plantación de cereais e a procura de créditos bancarios para subsistir levan a Sonia Serebriakowa a Moscú. Nun humilde café coincide con Andrei Prozorov, violinista cunha dura biografía, producíndose entre ambos unha corrente de "confesións" das que, inevitablemente, os espectadores somos partícipes.

Os amantes do teatro de Antón Chékhov sorprenderanse ao toparse agora nunha nova peza, e xuntos, coas personaxes do Andrei, de As tres irmás, e a Sonia, de Tío Vania, vinte anos despois.
Tradución: Goretti Sanmartín
Escenografía: Rodrigo Roel
Iluminación: Xúlio Lago
Son: Ángel Rico "Bicho"
Vestiario: Susa Porto
Música: Xavier Constenla
Elenco: María Barcala, Xavier Constenla, Damián Contreras, Victoria Pérez e Gonzalo M. Uriarte

O xogo de Yalta. Afterplay

Datas anteriores

7 de marzo
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

4 de marzo - 6 de marzo
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)