Homenaxe a Rosalía
Música - Recital
Promove: Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo
No Día de Rosalía, e coincidindo coa celebración do 173 aniversario do nacemento da autora galega, o Salón Teatro acolle un recital da súa obra poética máis destacada sobre unha base musical exclusiva e composta en clave de jazz.
Abe Rábade compuxo os temas que poñen música aos versos da poeta e que se presentan en directo, nalgúns casos cantados por Guadi Galego e noutros, recitados melodicamente por Anxo Angueira.
A música corre a cargo do cuarteto formado por Abe Rábade ao piano, Jesús Santandreu ao saxo, Nelson Cascais ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería.