Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatre Lliure: Après moi, le déluge

Autoría: Lluïsa Cunillé
Dirección: Carlota Subirós

Un home e unha muller atópanse nun cuarto de hotel de Kinshasa, a capital do Congo. El traballa para unha compañía surafricana que se dedica á extracción e á comercialización do coltan, un mineral descuberto nos últimos anos que resulta esencial no desenvolvemento de novas tecnoloxías. Ela hai anos que está instalada no hotel, onde fai de intérprete para os homes de negocios que se aloxan alí. O resto do tempo dedícao a tomar o sol ao carón da piscina e, de feito, xa nin se lembra de cando foi a última vez que saíu do hotel. Son dous europeos que nalgún momento da súa vida descubriron a fascinación por África e convertérona no seu refuxio. Ao longo da conversación, a crúa realidade do mundo que os rodea marcada pola inxustiza e o saqueo irase facendo presente dentro do aparente illamento deste cuarto de hotel, a pesar de todos os seus esforzos para pechar os ollos e a alma.

Après moi, le déluge (Despois de min, o diluvio) é un texto de Lluïsa Cunillé que nace tras un encargo de Teatre Lliure de Barcelona, dentro da iniciativa Autoría Textual, que propón a dramaturgos cataláns escribir novas obras a partir de temáticas de actualidade. A peza foi galardoada co Premio Lletra d’Or 2008 ao mellor texto teatral editado en catalán.
Escenografía: Max Glaenzel e Estel Cristià
Iluminación: Mingo Albir
Vestiario: Marta R. Serra
Axudante de dirección: Ferran Dordal i Lalueza
Elenco: Jordi Dauder e Vicky Peña
Coprodución de Teatre Lliure e Centro Dramático Nacional

Ligazóns relacionadas:
Après moi, le déluge

Datas anteriores

21 de febreiro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

20 de febreiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)