Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Mostra de Teatro Infantil de Nadal


O Salón Teatro de Santiago despide a súa programación de 2009 coa xa tradicional Mostra de Teatro Infantil no Nadal, unha iniciativa que vén celebrándose desde o ano 2000 sempre nas mesmas datas, do 26 ao 30 de decembro. Organizado polo Centro Dramático Galego (CDG), o festival inclúe cinco espectáculos que amosan a variedade de estilos, técnicas e formatos dos que se sirve o teatro especialmente destinado aos nenos e nenas. Nesta ocasión participarán no ciclo os grupos galegos Trompicallo e Caramuxo, o colectivo de danza catalá Àngels Margarit / Cía. Mudances, o portugués Teatro de Montemuro e a compañía A Priori Producciones, procedente de Guadalaxara.

Programación:

Violeta Coletas contra as Salchichas Gulp!
Data: 26 de decembro ás 19:00 horas

Os Bolechas
Data: 27 de decembro ás 19:00 horas

Flexelf
Data: 28 de decembro ás 19:00 horas

Maos Grandes
Data: 29 de decembro ás 18:00 e ás 19:30 horas

El Sable y la Paloma
Data: 30 de decembro ás 19:00 horas

Prezo: 6 euros. Bono: 30 euros
Mostra_nadal_09_300x300

Datas anteriores

26 de decembro - 30 de decembro

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)