Festival Sinsal. Extensión Salón Teatro: Woods
O grupo norteamericano
Woods presenta o seu cuarto traballo,
Songs of Shame, un disco campirano, onde sobresaen os ecos, as guitarras distorsionadas e as harmonías improvisadas, mesturadas con pinceladas psicodélicas e o lo-fi que os caracterizaba nos seus anteriores traballos
At Rear House e
How to Survive in the Woods.
Trátase dunha viaxe épica polo campo verde, pola madeira quente, un verán, un tempo para descansar xunto á natureza. Todo isto é
Songs of Sham, un álbum simple, efectivo e cheo de vida.
Liderada por Jeremy Earl, revitalizador da escena underground estadounidense a través dos seus selos Fuck It Tapes e Woodsist, a banda de Brooklyn ten alcanzado nos seus pouco máis de catro anos de traxectoria unha destacada posición nos círculos do pop-rock alternativo.
As revistas especializadas cualifican o son de Woods de mestura entre folk campestre, rock, lo-fi, noise e psicodelia cun resultado moi efectivo. O de Santiago será o primeiro dos tres concertos que ofrecerá en España este grupo, que a continuación visitará Madrid e Barcelona como parte do cartel do Primavera Sound.