Lagarta Lagarta: O Segredo dos Hoffman
Autoría: Alejandro Palomas
Dirección: Rosa Álvarez
Catro membros dunha familia, rota por un segredo oculto durante anos, reúnense con motivo do falecemento da avoa Constanza. Os seus recordos, soños e anhelos describen un universo pechado, de enorme carga emotiva, nun texto coral que debuxa unha historia intensa e envolvente.
Roberto Salgueiro adaptou a novela homónima de Alejandro Palomas, finalista do Premio Torrevieja 2008.