Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Cía. Marta Carrasco: Dies Irae. En el Réquiem de Mozart

Danza

Creación, dirección e escenografía: Marta Carrasco

Marta Carrasco (Premio Nacional de Danza da Generalitat de Catalunya, 2005) é unha das figuras máis orixinais e creativas do panorama de danza actual. As súas creacións, sempre persoais, figuran no límite entre o teatro, a danza e a música, ademais de obter o aplauso de crítica e público, combinando humor, expresionismo, contido dramático, innovación e onirismo.
En Dies Irae. En el Réquiem de Mozart, a esencia da posta en escena é a célebre obra do compositor austríaco. Trece intérpretes -seis deles residentes en Madrid, e os outros sete en Barcelona- ispen a liturxia e amosan sen concesión a debilidade da verdade mentres abren un pano fronteirizo, símbolo da aposta persoal de Marta Carrasco por enlazar as dúas cidades.
A inmortalidade da música desafía calquera mirada escéptica ante o mundo e convida a dicir, facer e oír o desgarro da vida. Dies Irae vai máis alá dunha misa de defuntos. Devora e obsesiona. Invoca o aroma do profano. Non lle dá tregua ao público. É furia, é ira, é impotencia, é medo. Irreverencia. É beleza. É risco. Unha aposta polo maior dos retos.
Axudante de dirección: Tays Sampablo
Iluminación: Quico Gutiérrez
Montaxe musical: José Antonio Gutiérrez
Intérpretes: Carmen Angulo, Frantxa Arraiza, Anna Coll, Mª José Cordonet, Robert González, Manuella Marra, Noemí Padró, Asu Rivero, Montse Rodríguez, Raquel Sánchez, Adolfo Simón, Joan Valldeperas e Alberto Velasco

dies_irae_300x300

Datas anteriores

29 de novembro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

28 de novembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)