Matarile Teatro: Cerrado por Aburrimiento
Ensaio aberto. Entrada por convite
Creación e dirección: Ana Vallés
A montaxe xira arredor da idea de rescatar unha mirada propia sen deixar de preguntarnos "que importa a quen" e desde unha posición á defensiva ante o aburrimento, a repetición, os críticos de teatro e os manifestos en xeral.
En palabras da propia Ana Vallés, o título xorde dunha conversa cun amigo seu, cociñeiro de profesión, o ano pasado.
"Ante o seu cansazo crónico e o seu desexo insistente de abandonalo todo propúxenlle que colgase un letreiro na porta do restaurante e viñese de vacacións comigo ao Porto. O letreiro diría: "cerrado por aburrimiento". E como define absolutamente o meu estado actual, adopteino como título para o novo espectáculo de Matarile. Non aceptar o aburrimento, antes pechar, mellor matarse. Por aí comezamos".
Iluminación e escenografía: Baltasar Patiño
Elenco: José Campanari, Xan Cejudo, Alba Fernández, Mónica García, Mauricio González, Ricardo Santana, Sofía Sarmento e Ana Vallés