Ao Cabo Teatro: Jardim Zoológico de Cristal
Autoría: Tennessee Williams
Dirección: Nuno Cardoso
Tom é un aspirante a poeta que traballa nun almacén de zapatos para manter a súa nai Amanda e a súa irmá Laura que, debido a un defecto físico unido a unha timidez incorrixible, permanece afastada do mundo e dedicada á súa colección de animais de cristal. O mozo convida a cear a Jim, un compañeiro de traballo, co obxectivo de presentarllo a Laura, pois Amanda está convencida de que o matrimonio é a única solución para lle garantir un futuro á filla. Jim rapidamente descobre a natureza de Laura e non pode deixar de trebellar con ela ao xogo da sedución, respondendo así, aparentemente, aos desexos de Amanda e abrindo o corazón de Laura. Pero, como di Amanda, "as cousas teñen unha tendencia a discorreren tan mal..."
Como actividade paralela ás dúas funcións, Nuno Cardoso, un dos directores máis destacados da nova escena portuguesa, impartirá un obradoiro para profesionais distribuído en dúas sesións: o sábado 31 de 14.00 a 18.00 horas e o domingo 1 de 11.00 a 14.00 horas. Con inscrición previa. Capacidade limitada.