Teatre Lliure: Nixon-Frost
(Unplugged escénico)
Autoría: Peter Morgan
Dirección: Álex Rigola
A crítica política chega ao Salón Teatro grazas a un texto do guionista e dramaturgo británico Peter Morgan, baseado nun dos momentos televisivos máis significativos de todos os tempos: cando en 1977 Richard Nixon pediu desculpas publicamente ao pobo norteamericano pola súa implicación no caso Watergate. O ex-presidente dimitira tres anos antes, sen chegar a ser xulgado polo caso e tras recibir o indulto do seu sucesor, Gerald Ford. Durante aquel período mantívose en silencio ata que concede unha serie de entrevistas por televisión a David Frost, un famoso presentador británico de programas tipo
late night show, a cambio de 600 000 dólares. O encontro entre Nixon e Frost desembocará nun duro, tenso, emocionante e enxeñoso pulso dialéctico que culminará cunha reveladora exhibición de sinceridade.
Escenografía: Max Glaenzel
Iluminación: Maria Domènech
Son: Ramon Ciércoles
Vestiario: Berta Riera e Georgina Viñolo
Espazo sonoro e músical: Pau Carrió
Elenco: Chantal Aimée, Amanda Baqué, Andreu Benito, Joan Carreras, Oriol Guinart, Lluís Marco, José Novoa, Jordi Puig Marpons, Òscar Rabadan, Santi Ricart, Nina Uyà e Neus Ballbé
Datas anteriores
25 de outubro
/// 18.00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
24 de outubro
/// 20.30
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)