Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Teatro do Noroeste: Glass City (Cidade de Cristal)

Autor: Eduardo Alonso
Dirección: Eduardo Alonso

Espectáculo musical de gran formato, en Glass City dúas cuestións impregnan todo o argumento: o lugar (a cidade da Coruña) e a época (setembro de 1958). Nesas datas, o entón xefe do Estado español, o ditador Francisco Franco, adoitaba veranear na Coruña, no pazo de Meirás. Con el chegaban á cidade unha morea de ministros e altos cargos que a transformaban, durante uns días, na capital de España cos seus consellos de ministros, recepcións, inauguracións, festexos e concursos.
Na cidade agardaban a chegada da comitiva gobernamental para comezaren a desplumar, en diversas partidas de cartas, os visitantes madrileños que acompañan as autoridades. Presidía a corporación municipal o alcalde Alfonso Molina, protexido da esposa do ditador e asiduo participante de festas e nocturnidades. Daquela época vén o dito de que "mentres Santiago reza e Vigo traballa, A Coruña divírtese".
Pero é tamén neste ano de 1958 cando chegan aos bares da Coruña as jukebox, máquinas de discos importadas dos Estados Unidos e que viñan cargadas con cancións de Elvis Presley, Paul Anka, Neil Sedaka, Chubby Checker e compañía; o xerme da revolución da música xuvenil estaba servido e callaría anos despois, pero algúns mozos coruñeses atentos adiántanse. Nace a xuventude como clase social.
Mais non todos están sometidos ao réxime. Naqueles anos prepárase na Coruña un dos varios atentados que sufriu Franco ao longo da súa ditadura.
Escenografía e vestiario: Paco Conesa
Iluminación: Eduardo Alonso
Son e música: Bernardo Martínez
Elenco: Maxo Barjas, Xan Casas, Monti Castiñeiras, Christian Escuredo, Xavier Estévez, Luma Gómez, Fernando González, Brandán Lourenzo, Julia Méndez, Brais Morán, Carlos Mosquera (Mos), Ramón Orencio, Julia Sánchez e Fernando Tato

Glass City

Datas anteriores

18 de outubro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

15 de outubro - 17 de outubro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

14 de outubro - 15 de outubro
/// 10.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

11 de outubro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

8 de outubro - 10 de outubro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

7 de outubro - 8 de outubro
/// 10.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)