Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CDG Coproducións: Delimvois

De Rubén Ruibal
Marcos Barbosa, director

Delimvois conta a fuxida eterna de Francisco, António e Maria, seres que acreditan que son libres fóra do tempo e dispostos a inventar un mundo novo. Explora os camiños, os límites, as terras de ninguén, os marcos ideolóxicos, as fronteiras de palabras onde tres homes e unha mulher de diferentes nacionalidades procuran a carne, a alegría, a verdade, a súa identidade ou até o seu sustento diario ou alivio sexual.

A trama, se existe, de Delimvois, anda entre o místico e o táctil, entre o relixioso e o cabal, entre o político e o anecdótico, entre o amor e o odio. Delimvois ten o aspecto de ser un deses lugares fronteirizos afastados e negados polas leis dos homes, un deses lugares case sempre abandonados ou vacíos onde se dividen aspectos esenciais dos conflitos humanos: territorio, raza, xerarquia, relixión, xénero…

Datas anteriores

24 de maio
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

23 de maio
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)