Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CDG Coproducións: Rúa Aire

De O Retrete de Dorian Gray (Marcos PTT Carballido e Ezra Moreno)
O Retrete de Dorian Gray (Marcos PTT Carballido e Ezra Moreno), dirección

Rúa Aire é a nova proposta escénica para público infantil de O Retrete de Dorian Gray, a compañía que integran Marcos PTT Carballido e Ezra Moreno coa finalidade de afondar no mundo do teatro visual, físico e de manipulación de obxectos. O espectáculo, construído integramente mediante a manipulación de globos, constitúe todo un reto para a compañía á hora de desenvolver todas as posibilidades dramáticas desta técnica que eles mesmos inventaron e coa que levan traballando desde 2005.

A obra comeza coa chegada de dous titiriteiros coas súas maletas cheas de máquinas, pequenas pezas escenográficas e globos desinflados. Unha vez establecidos diante da mesa de manipulación, comezan a crear diante do público os primeiros bonecos, inflándoos e moldeándoos á vista con precisión cirúrxica. Os globos comezan a cobrar vida. Un mundo novo nace.

Datas anteriores

2 de maio - 3 de maio
/// 20.00

Sala NASA
Cabo Sam Lourenzo 51-53. Santiago de Compostela
Teléfono: 981573998

1 de maio
/// 21.30

Sala NASA
Cabo Sam Lourenzo 51-53. Santiago de Compostela
Teléfono: 981573998

25 de abril - 26 de abril
/// 20.00

Sala NASA
Cabo Sam Lourenzo 51-53. Santiago de Compostela
Teléfono: 981573998

24 de abril
/// 21.30

Sala NASA
Cabo Sam Lourenzo 51-53. Santiago de Compostela
Teléfono: 981573998