Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

RGMV-Nsaio Xeral: Beatus Ille


A Rede Galega de Música ao Vivo acolle entre os meses de abril e maio un total de oito concertos a cargo doutros tantos grupos noveis, que foron seleccionados a raíz da súa participación no I Encontro da Música Emerxente de Galicia, o Nsaio Xeral.

Beatus Ille, Dirty Socks, Duplo Son, Labazada, Los Ruines, Mausvizinhos, Perpretadores de Actos e Supersound foron as bandas elixidas polo xurado durante o cásting do Nsaio Xeral, organizado pola Rede Galega de Locais de Ensaio o pasado mes de xaneiro en Santiago de Compostela e no que participaron un cento de formacións de toda Galicia. Xunto cos oito grupos que tocarán nos locais da RGMV, deste encontro saíron así mesmo os 24 gañadores das actuacións no ciclo Vai de Camiño 2009 do Xacobeo.

Ligazóns:
-Beatus Ille en Nsaio. Rede Galega de Locais de Ensaio
Beatus Ille

Datas anteriores

17 de abril

Aturuxo
Bueu