RGMV-Nsaio Xeral: Supersound
A Rede Galega de Música ao Vivo acolle entre os meses de abril e maio un total de oito concertos a cargo doutros tantos grupos noveis, que foron seleccionados a raíz da súa participación no I Encontro da Música Emerxente de Galicia, o Nsaio Xeral.
Beatus Ille, Dirty Socks, Duplo Son, Labazada, Los Ruines, Mausvizinhos, Perpretadores de Actos e Supersound foron as bandas elixidas polo xurado durante o cásting do Nsaio Xeral, organizado pola
Rede Galega de Locais de Ensaio o pasado mes de xaneiro en Santiago de Compostela e no que participaron un cento de formacións de toda Galicia. Xunto cos oito grupos que tocarán nos locais da RGMV, deste encontro saíron así mesmo os 24 gañadores das actuacións no ciclo Vai de Camiño 2009 do Xacobeo.
Ligazóns:
-Supersound en
MySpace
-Supersound en
Nsaio. Rede Galega de Locais de Ensaio