Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Cía. Abrapalabra: A piragua

ESTREA

Autoría e dirección: Cándido Pazó

É lícito aparcar unha piragua nunha praza de garaxe dun edificio? A comunidade de propietarios divídese nos seus pareceres: nin os estatutos da comunidade nin a Lei de Propiedade Horizontal din nada en relación pero, segundo argumentan outros propietarios, as cousas son como son, como teñen que ser, e as prazas de garaxe foron creadas para ter nelas vehículos automóbiles.
Acompañando os veciños no desenvolvemento desta desavinza, descubrimos que nun dos pisos está a producirse unha situación de violencia doméstica. É unha circunstancia que sempre existiu pero que ultimamente está aumentando e cobrando máis visibilidade debido á nova actitude da vítima, Rosa, unha muller que, farta de aguantar, decide enfrontarse para establecer unhas novas regras de xogo. Poderán ser as cousas doutra maneira?

Datas anteriores

28 de xuño
/// 18.00 - 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

26 de xuño - 27 de xuño
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

25 de xuño
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)