Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Festival Vibracional TPS: Concerto da Orquestra O.M.E.GA.


A Orquestra de Música Espontánea de Galicia, O.m.e.ga. naceu dentro da programación de Sesións Vibracionais do TPS en marzo do 2007 na Sala NASA de Compostela. Trátase dun proxecto colectivo de vinte músicos galegos de moi diversa procedencia que traballan regularmente no eido da música improvisada baixo condución xestual. O director emite unha linguaxe de sinais prefixada que os músicos deben interpretar en tempo real nunha retroalimentación constante sustentada na atención mutua, nos procesos de toma de decisións, na incertidume do instante e, sobre todo, na capacidade para viaxar e sorprenderse coa variada riqueza tímbrica, sonora e dinámica do conxunto como unha entidade orgánica.

Datas anteriores

7 de xuño
/// 22.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)