Compañía Salva Sanchis: Objects in mirror are closer than they appear
Coreografía: Salva Sanchis
Creación e interpretación: Tarek Halaby, Peter Lenaerts, Salva Sanchis, Manon Santkin, Georgia Vardarou
Objects in mirror are closer than they appear é a décimo quinta creación do coreógrafo establecido en Bélxica Salva Sanchis e trata fundamentalmente da dicotomía entre a realidade e a aparencia. Utilizando a danza entre outras formas de expresión, a peza reflexiona sobre o feito de as aparencias non só se referiren a unha realidade senón que se converten na nosa realidade.
O espectáculo inspírase nos avances recentes en neuroloxía cognitiva, especialmente nos estudos de experiencias extracorpóreas. Tamén no impacto na cultura popular dos famosos casos de montaxes e da crenza no contacto con extraterrestres e abducións alieníxenas.