Iván Marcos en coprodución co CDG: Eco
Teatro contemporáneo - ESTREA
Dirección, creación e interpretación: Iván Marcos
Desde a exploración de diferentes formas de percepción sensorial e mediante unha linguaxe teatral de carácter interdisciplinar, Eco investiga o momento en que un ente se libera dunha superficie e acada a súa propia independencia.
A montaxe explora a relación entre as cousas que desexamos, como pensamos, como nos tratamos a nós mesmos, os alimentos que decidimos comer, as nosas preferencias sexuais, clase social, herdanza… e como estes elementos son usados con vistas á adquisición dunha identidade individual, instalando a cada individuo nun colectivo humano constituído por todos aqueles que lle dan forma e cos cales se senten relacionados debido á súa orixe, orientación ou experiencia común.