RGMV-Catalunya: Sugar Mountain
REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO-CATALUNYA 2009
Do pop electrónico á fusión festeira, das voces das cantareiras ao rock máis contundente, a música galega viaxa este ano a Cataluña da man de 13 grupos de moi diferentes estilos que exemplifican a explosión de propostas e creatividade que define nos últimos tempos o panorama musical de Galicia.
6PM, A Tuna Rastafari, Faltriqueira, Holywater, Jugoplastika, Lamatumbá, Moon Cresta, Nadadora, Niño y Pistola, Samesugas, Sugar Mountain, The Homens e The Blows ofrecerán un total de 30 concertos no marco deste primeiro circuíto da Rede Galega de Música Ao Vivo (RGMV) en Catalunya, que xorde da colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o
Institut Català de les Indústries Culturals (ICIC), e que supón a extensión da RGMV a nove locais da
Associació de Sales de Concerts de Catalunya (ASACC).
Web de Sugar Mountain:
www.sugar-mountain.net