Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

RGMV-Catalunya: The Blows


REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO-CATALUNYA 2009

Do pop electrónico á fusión festeira, das voces das cantareiras ao rock máis contundente, a música galega viaxa este ano a Cataluña da man de 13 grupos de moi diferentes estilos que exemplifican a explosión de propostas e creatividade que define nos últimos tempos o panorama musical de Galicia.

6PM, A Tuna Rastafari, Faltriqueira, Holywater, Jugoplastika, Lamatumbá, Moon Cresta, Nadadora, Niño y Pistola, Samesugas, Sugar Mountain, The Homens e The Blows ofrecerán un total de 30 concertos no marco deste primeiro circuíto da Rede Galega de Música Ao Vivo (RGMV) en Catalunya, que xorde da colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Institut Català de les Indústries Culturals (ICIC), e que supón a extensión da RGMV a nove locais da Associació de Sales de Concerts de Catalunya (ASACC).

The Blows en MySpace: http://www.myspace.com/theblows
Documentos relacionados:
The Blows

Datas anteriores

23 de outubro
/// 22.30

Faktoría d'Arts
Terrasa

13 de xuño
/// 22.00

Salamandra
L'Hospitalet

12 de xuño
/// 22.00

El Clap
Mataró

11 de xuño
/// 23.00

La Mirona
Salt