Festival Sinsal: Larsen & Little Annie
Despois de trece anos de actividade ás costas, o grupo italiano Larsen mantén intacta a súa pegada expresiva e volve cun novo álbum en estudo,
La fever lit (2008). Ademais, contaron desta vez co engado dunha voz amiga, a de Little Annie aka Annie Anxiety, diva do dub e do cabaret post punk e colaboradora de Coil ou do combo On-U Sound. Que mellor excusa ca este vizoso pacto para presentaren agora en directo, xuntos, as excelencias sonoras do traballo en común?