Festival Sinsal. Extensión Salón Teatro: Pram
Sam Owen, Matt Eaton, Max Simpson e a particular voz de Rosie Cuckston conforman Pram, un dos grupos máis oníricos do panorama alternativo actual. Enriba do escenario, dan unha nova dimensión ao seu son acompañando a posta en escena con audiovisuais tan especiais e únicos como a súa música. Case dúas décadas despois da súa formación, ben acreditados pola fantasmágorica emulsión de ventos, xilófonos, theremíns, teclados e marimbas do aclamado disco
The moving frontier (2007), o grupo británico aínda non perdeu nin un gramo de vixencia.