Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Festival Sinsal. Extensión Salón Teatro: Jeremy Jay


Romántico, sofisticadamente retro, sedutoramente ambiguo. Así soa o debut de Jeremy Jay, A place where we could go, cálida e nocturna tobeira de emocións incandescentes e de pop, moito pop.
Dez cancións que son ademais unha escapada cinematográfica á mente dunha persoa moi singular. O disco xorde a medio camiño entre a ficción e a realidade, explorando a opacidade profunda dunha actitude, a de quen mantén un idilio coa vida en si e para si, sen a xente, sen as cousas que se amorean en cada recanto: un mundo propio. Este universo ben pode asemellarse a un conto de fadas ou, se acaso, ficar alumeado polas luces da rúa. Pero sempre será un acubillo seguro para o tenteo de soños. Se pechas os ollos e pensas nas vastas paisaxes onde habitan as conmovedoras personaxes do cineasta John Hugues, tamén has escoitar a Jay bailando, cantando e tocando a guitarra. A place where we could go é a copia en formato físico dunha fascinante nova personaxe, eminentemente contemporánea, equidistante de David Bowie e Buddy Holly.
Jeremy Jay

Datas anteriores

22 de febreiro
/// 22.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)