Maquinaria pesada: As vingadoras
Ciclo Circo en Escena
Estrea - Clown
Algo cheira a podre aí fóra, haberá que investigar e enfrontarse a quen ou ao que sexa.
Coa súa preparación e coñecementos, as astutas Emma e Pili, unha vez máis, resolverán un caso de máxima importancia para a sociedade galega. Este tandem é convocado unha vez máis pola Nai, para resolver un novo enigma, cal será desta vez? Que aventuras as agardan? Sairán airosas deste novo reto? Sobrevivirán? Supervivirán?...