Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

O último momento: Contigo

Ciclo Circo en Escena
Circo - Danza contemporánea

Contigo é un espectáculo nacido do encontro entre dous artistas portugueses: Rui Horta, coreógrafo, e João P. Pereira dos Santos, acróbata do mástil chino. Unha fusión onde a danza contemporánea e o novo circo se funden nunha linguaxe común na que as fronteiras entre estas dúas disciplinas artísticas parece non existir.
O escenario é un espazo baleiro ocupado por un mástil. Un totem que marca fatalmente ese espazo e lanza un desafío vertical. Un corpo responde a ese mesmo desafío, ao vértigo, ao risco e á posibilidade de caer.
Joao Paulo Pereira dos Santos, leva desde os 15 desafiando a gravidade entre o chan e o aire. Iniciado na capoeira, a acrobacia, o teatro e o circo, a súa carreira levouno ás escolas nacionais de Circo de Rosny e Chalon en Francia y de aí ao Festival de Avignon. Actualmente integra o colectivo Cheptel Aleikoum.
Concepto e dirección: Rui Horta e João Paulo P. dos Santos
Coreografía: Rui Horta
Elenco: João Paulo P. dos Santos

Contigo

Datas anteriores

8 de febreiro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

7 de febreiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)