Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Varuma Teatro: Malgama

Ciclo Circo en Escena
Circo - Flamenco

Malabaristas que rouban os lunares dun traxe de flamenca para xogar con eles e botalos ao compás mentres se desenvolve unha actuación de cante e de baile, unha bailaora coa súa bata de cola suspendida no aire compartendo escenario cun acróbata ou pallasos por peteneras, que segundo a leda traen mala sorte, son algúns dos números deste espectáculo onde circo contemporáneo, música en directo e flamenco se dan a man.
Esta ampla mostra é unha amálgama coa que xoga o nome da obra e do seu protagonista, Malgama, un personaxe que padece a eterna insatisfacción de non sentirse completo porque lle falta o "a" do amor e da amizade.
Ao longo do espectáculo acompañamos a Malgama nunha viaxe iniciática na procura do motor que lle conduza a evolucionar, o pulo que lle dará sentido á súa vida. E é que moitas veces buscamos no exterior o que só podemos encontrar no noso propio interior.
Dirección e guión: Jorge Barrroso "Bifu"
Poemas: Ernesto Crótida
Axudante de dirección: Antonia Gómez
Coordinación artística: Alberto López
Coreografía contemporánea: Manuela Nogales
Coreografía flamenca: Asunción Pérez Choni
Espazo sonoro: Toni Gutiérrez, Raúl Cantizano, Jorge Barroso Bifu
Artistas circenses: Rubén Barroso Mini, Laura Bolón, Rafael Díaz Pollo
Baile contemporáneo e pallaso: Sergio
Domínguez
Baile flamenco: Asunción Pérez Choni
Músicos: Raúl Cantizano (Guitarra), Alicia Acuña (Cante)
Escenografía: Jorge Barroso Bifu
Deseño do vestiario: Fátima Elias
Iluminación: Benito Jiménez
Son: Toni Gutiérrez

Malgama

Datas anteriores

5 de febreiro - 6 de febreiro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)