RGMV-OuTonalidades: Toques do Caramulo
REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO E OuTONALIDADES
A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a d’Orfeu Associação Cultural de Portugal estableceron un acordo para que a rede de música OuTonalidades, que promove desde hai 12 anos en Portugal a devandita asociación, teña a súa extensión en Galicia a través dun réxime de intercambio entre grupos galegos e portugueses e a implicación dos locais da Rede Galega de Música ao Vivo.
Esta primeira edición do acordo materialízase en 21 concertos de seis grupos portugueses (Joao Gentil e Luis Formiga, Mú, Q. Sofia Ribeiro, Rui Pedro, Toques do Caramulo e Uxu Kalhus) en Galicia e 15 concertos de 5 grupos galegos (Bukowski Blues Trío, Carlos López Quartet, Moondogs Blues Party, Niño & Pistola e A Tuna Rastafari) en Portugal, nun circuíto total integrado por 19 salas (12 en Portugal e 7 en Galicia).
TOQUES DO CARAMULO
Toques do Caramulo son unha das revelacións da nova música tradicional portuguesa, recoñecidos pola forza creativa dos seus concertos, figurando en importantes eventos tradicionais e folk de Portugal.
Máis info.:
http://www.myspace.com/toquesdocaramulo