RGMV-OuTonalidades: Rui Pedro
REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO E OuTONALIDADES
A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a d’Orfeu Associação Cultural de Portugal estableceron un acordo para que a rede de música OuTonalidades, que promove desde hai 12 anos en Portugal a devandita asociación, teña a súa extensión en Galicia a través dun réxime de intercambio entre grupos galegos e portugueses e a implicación dos locais da Rede Galega de Música ao Vivo.
Esta primeira edición do acordo materialízase en 21 concertos de seis grupos portugueses (Joao Gentil e Luis Formiga, Mú, Q. Sofia Ribeiro, Rui Pedro, Toques do Caramulo e Uxu Kalhus) en Galicia e 15 concertos de 5 grupos galegos (Bukowski Blues Trío, Carlos López Quartet, Moondogs Blues Party, Niño & Pistola e A Tuna Rastafari) en Portugal, nun circuíto total integrado por 19 salas (12 en Portugal e 7 en Galicia).
Rui Pedro
Depois de varias viaxes durante as que traballou como músico, actuando en rúas, bares e salas, Rui Pedro presenta un conxunto de espectáculos que condensan as suas vivencias musicais. En todos eles ten sempre como inspiración a vida aventureira daqueles que nunca paran de camiñar, mesmo sentados.
Ten como influencias musicais: Música tradicional portuguesa / J. Afonso / Carlos do Carmo / J. Brel / Brassens / L.Cohen / P. Conte / T. Waits / B. Holliday.
Máis info.:
http://www.ruipedroandarilho.com/