Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

RGMV-OuTonalidades: Niño & Pistola


REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO E OuTONALIDADES

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a d’Orfeu Associação Cultural de Portugal estableceron un acordo para que a rede de música OuTonalidades, que promove desde hai 12 anos en Portugal a devandita asociación, teña a súa extensión en Galicia a través dun réxime de intercambio entre grupos galegos e portugueses e a implicación dos locais da Rede Galega de Música ao Vivo.

Esta primeira edición do acordo materialízase en 21 concertos de seis grupos portugueses (Joao Gentil e Luis Formiga, Mú, Q. Sofia Ribeiro, Rui Pedro, Toques do Caramulo e Uxu Kalhus) en Galicia e 15 concertos de 5 grupos galegos (Bukowski Blues Trío, Carlos López Quartet, Moondogs Blues Party, Niño & Pistola e A Tuna Rastafari) en Portugal, nun circuíto total integrado por 19 salas (12 en Portugal e 7 en Galicia).

NIÑO & PISTOLA

Estilo/s: Pop

Hai cousa de tres anos, Manolito gravou na súa casa un par de cancións que meteu nunha maqueta á que lle chamou El Niño. Entre os amigos deciciu buscar unha banda para levar este proxecto aos escenarios, unha banda á que lle chamaron Pistola. Cedo chegarían outra maqueta e moitos concertos por toda Galicia. Entón decidiron tentar acadar un contrato discográfico co que sacar o seu primeiro disco, Como un maldito guisante. Con el poderían soar un pouco máis aló e presentalo por toda España. Moreas de boas críticas e entrevistas en medios especializados estatais e unha xira das de verdade están a darlle cada vez máis sona a este pequeno grupo galego que só toca con guitarras acústicas.

Niño y Pistola fan pop do de sempre, cancións de tres minutos e medio cargadas de melodías vocais, e fano cantando en inglés. Nun principio pode semellar un grupo como os de sempre, mais non o son porque nun enfoque integrista de partida renunciaron ás guitarras eléctricas e a todos os elementos de decoración electrónica, e o que empregan son guitarras acústicas, unha batería sen bombo tocada con escobillas e moitas voces, coros e palmas.

+ info.: http://www.ypistola.com
Niño y Pistola

Datas anteriores

20 de decembro
/// 20.30

Espaço d'Orfeu ÁGUEDA (Pt)

19 de decembro
/// 00.00

Novo Ciclo ACERT. TONDELA (Pt)