Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

RGMV-OuTonalidades: Carlos López Quartet


REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO E OuTONALIDADES

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a d’Orfeu Associação Cultural de Portugal estableceron un acordo para que a rede de música OuTonalidades, que promove desde hai 12 anos en Portugal a devandita asociación, teña a súa extensión en Galicia a través dun réxime de intercambio entre grupos galegos e portugueses e a implicación dos locais da Rede Galega de Música ao Vivo.

Esta primeira edición do acordo materialízase en 21 concertos de seis grupos portugueses (Joao Gentil e Luis Formiga, Mú, Q. Sofia Ribeiro, Rui Pedro, Toques do Caramulo e Uxu Kalhus) en Galicia e 15 concertos de 5 grupos galegos (Bukowski Blues Trío, Carlos López Quartet, Moondogs Blues Party, Niño & Pistola e A Tuna Rastafari) en Portugal, nun circuíto total integrado por 19 salas (12 en Portugal e 7 en Galicia).

CARLOS LÓPEZ QUARTET

Estilo/s: Electronica, Funk, Jazz...

Carlos López presenta o seu esperado segundo disco. Despois de cultivar numerosos éxitos presentado ¨CLQ¨ nos principais festivais e salas de Galicia, Valencia e Portugal (Imaxinasons, Festival de Jazz de Lugo, Iberojazz, Composjazz, Mostra de Jazz de Bétera, Hot Club de Lisboa...) o novo baterista galego preséntanos o repertorio que formará parte de ¨Last Minute¨, o segundo traballo discográfico da formación. A nova dirección que toman as súas composicións apuntan a un contexto sonoro moito máis actual que no primeiro disco. Cabe destacar a fusión do Jazz cos diferentes subgéneros da música electrónica, o funk ou o pop. Así mesmo a combinación de instrumentos acústicos con elementos electrónicos, secuencias e efectos fan do directo un coctel explosivo onde a improvisación se realza máis que nunca.

Jazz electro-acustico do máis alto nivel onde a improvisación prima por encima de todo.

+ info.: http://www.carloslopez.info

Datas anteriores

15 de novembro
/// 00.00

Casa da Eira PAÇOS DE FERREIRA (Pt)

14 de novembro
/// 23.00

Cine-Teatro ESTARREJA (Pt)

13 de novembro
/// 21.30

Multiúsos do Centro Cultural CHAVES (Pt)