Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Presentación da nova temporada do CDG


O Centro Dramático Galego presenta a súa nova temporada cun acto especial ao que está convidado o sector profesional e toda a cidadanía.

A presentación terá lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela (rúa Nova 34) este venres 19 de setembro ás 12.00 horas e contará coa asistencia de Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte.

Durante o transcurso do acto, porase en escena a performance "Sinfonía", dirixida por Víctor Hugo e interpretada por estudantes.

Esperámoste!

Datas anteriores

19 de setembro
/// 12.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)