Coreografía: Jaime Pablo Díaz, Vicente Colomer
Músicas: Tradicionais, Pedro Lamas e Jacobo de Miguel
Arranxos: Pedro Lamas, Jacobo de Miguel e músicos de Nova Galega de Danza
Letras: Tradicionais, Xabier Díaz
Asesoramento do baile tradicional: Xabier Díaz
Bailaríns: Alba Vázquez, Emma Cabañas, Laura García-Vera, Lorena Ballesteros, Iván Villar, Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer
Músicos: Juan Collazo (vibráfono e percusión tradicional), Miguel Queixas (batería e percusións), Ricardo Rozas (guitarra), Suso Iglesias (acordeón), Xabier Díaz/Toño Domínguez (voz, gaita e percusión tradicional), Pedro Lamas (saxo soprano, gaita e percusión tradicional)
Vestiario: Stefanie Pasterkamp
Deseño iluminación: Antón Cabado
Deseño maquillaxe: Lilianne Frías
Fotografía: Javier Paz, Mutador
Deseño gráfico: Mutador
Imaxes: Ton Und Bild, Stefanie Pasterkamp
Director técnico: Juan Vázquez
Técnico de luces: Antón Cabado
Técnico de son: Pachi Bladomir
Produción executiva:Trintaetrés, S.C.
Dirección produción: Juan Vázquez
Despois de dous espectáculos nos que a compañía Nova Galega de Danza sorprendeu ao público cunha nova linguaxe, coreográfica e musical, agora con
Tradicción, esta compañía quere sorprendelo de novo utilizando, desta volta, os elementos que conforman o seu propio imaxinario.
Con este espectáculo Nova Galega de Danza quere achegarnos eses elementos tradicionais dende a contemporaneidade, amosarnos as nosas raíces dende o presente. Terra, percusión, madeira, vento, forza, pobo, movemento, pel, destreza e virtuosismo. A proposta complétase cun novo deseño escenográfico, rupturista e sorprendente, e coa participación de profesionais doutras disciplinas artísticas que fan de
Tradicción algo máis que un espectáculo de danza e música.
Con este terceiro espectáculo, a NGD estivo inmersa nun proceso de investigación. Os directores da compañía, Xaime Díaz e Vicente Colomer, estudaron, revisaron e reinterpretaron a danza tradicional máis pura, a través de talleres vivenciais impartidos por Xavier Díaz. Imbuíronse da nosa cultura para dar un chanzo máis na procura dunha danza contemporánea de marcado carácter galego.
Esta nova produción sitúa a Nova Galega de Danza nun punto e seguido, é unha experiencia necesaria para seguir medrando. Experiencia que leva á compañía por distintas músicas tradicionais, en moitos casos inéditas, filtradas pola contemporaneidade e danzas creadas a partir de movementos e pasos moi primarios que nos axudaran a expresarnos con orixinalidade sen perder o contacto coa nosa raíz.
Tradicción é a busca de novos camiños de expresión. Novos tempos esixen novas formas. A identidade pode estar nas raíces renovadas desde a creación.
A música de
Tradicción mistura as melodías tradicionais con harmonías e texturas modernas. Neste sentido, é decisiva a colaboración do novo director musical da compañía, Pedro Lamas, co pianista jazz asturiano, Jacobo de Miguel, dando como resultado unha música moi persoal, de autor. Na que tamén serán fundamentais as aportacións persoais de cada un dos músicos que traballan con Nova Galega de Danza.
Ademais, nesta ocasión, preténdese mudar a posta en escena, incluíndo a proxección de imaxes, e un vestiario evocador da cultura tradicional galega, que amosa a "adicción pola tradición" no seo desta compañía.
Nova Galega de Danza aumenta, para esta produción, o número de bailaríns, o que xunto coa posta en escena, fan de
Tradicción, un espectáculo que impacta, utilizando o escenario como un espazo no que ocorre todo: danza, música, tradición e modernidade. O escenario convértese nun anaco de realidade.
O resultado é un espectáculo máis redondo e máis próximo a propia idiosincrasia de Nova Galega de Danza.
Ligazóns relacionadas: