Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Kónic Thtr.: Nou I-D

Creación e dirección: Rosa Sánchez
Textos: Jorge Raedó e Rosa Sánchez

Proxecto de escena interactiva para danza e voz
Sábado 1 de novembro ás 20.30 horas e domingo 2 ás 18.00 horas

Nou I_D fálanos de persoas en mobilidade continua, desprazados que viven de forma provisional. Xentes en busca de novas oportunidades que para conseguir achegarse ao seu soño han de perder o seu pasado e adoptar novas identidades.
O seu soño chámase Miticland, lugar estático, de personaxes fixados ao lugar.
En Nou I_D un personaxe quere entrar e outro tenta fuxir desa cidade imaxinaria. Son dous personaxes femininos que, xunto cos habitantes de Miticland, convértense na información que flúe polas súas arterias tecnolóxicas.
No escenario os corpos teñen o seu eco dixital nas pantallas de proxección e no son. A voz cantada condúcenos a través de diferentes situacións e reflicte os pensamentos e emocións dos personaxes.
A música oscila entre un plano abstracto da vida cotiá urbana e a emoción que transmite a voz cantada, que descobre as rupturas expresivas que senten os personaxes nese contorno.
Nou

Datas anteriores

2 de novembro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

1 de novembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)