Lagarta Lagarta: Aeroplanos
Dirección: Rosa Álvarez
Elenco: Ernesto Chao e Xosé Manuel Olveira Pico
Dous homes, amigos desde a infancia, quedan viúvos case ao mesmo tempo. A partir dese momento a súa amizade vese reforzada, chegando a ser imprescindible o un para o outro. As pelexas, o amor, a lealdade, a xenerosidade, a risa e as bágoas forman parte desta relación que consegue momentos hilarantes pero tamén cheos de gran tenrura e emoción.
Esta comedia de texto, de intriga, idealista, enxeñosa e de linguaxe sutil é, segundo a propia directora, «unha viaxe da vida, dun instante, dun segundo. Unha viaxe onde o tempo, medible por un reloxo, non ten ningunha importancia, unha viaxe que ten un minuto, nada máis, pero este minuto... dentro... teno todo». Álvarez destaca ademais que «sabemos que rir é unha defensa contra a angustia e, de maneira moi xeral, a comedia é o lugar de todos os alivios posibles».