Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Cristovo e o libro das marabillas

(a partir de 6 anos)

Sarabela Teatro (GALICIA)
Creación e dirección: Fina Calleja

Cristovo Colón sentía gran admiración por Marco Polo: de feito, O libro das marabillas do mercador veneciano acompañou ao navegante na súa viaxe con intención de chegar por outra ruta a aquelas «Indias» descritas 200 anos antes.

Cristovo e o libro das marabillas recolle esta fascinación para amosar a un Colón neno ao cal o mundo quédalle pequeno e aborrece a escola. Cristovo quere viaxar e cre que a coraxe e a forza son a súa mellor carta de presentación. Sofía e O libro das marabillas descubriranlle que a máis grande aventura está no coñecemento. Como se non un neno de doce anos pode coñecer Constantinopla, Samarkanda, as estepas tártaras ou a escintilante corte de Kublai Khan?
Elenco: Tito Asorey, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Sabela Gago e Elena Seijo
Manipuladores: José M. Bayón e Rubén Dobaño
Espazo escénico e iluminación: Suso Díaz
Música: Renata Codda Fons
Duración: 50 min.

Cristovo e o libro das marabillas

Datas anteriores

30 de decembro
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)