Teatro Infantil no Nadal: La ciudad inventada
(a partir de 5 anos)
Teatro Gorakada (EUSKADI)
Creación e dirección: Jokin Oregui
Un neno senegalés coñece a unha nena brasileira que non pode durmir porque o seu pai abandonouna. Os dous nenos, que viven as súas aventuras en contos distintos, comparten as súas dúbidas e os seus medos descubrindo que non é tanto o que os separa. Un malvado feiticeiro palestino é derrotado polo pequeno Maui, personaxe dun conto tradicional neocelandés. Mentres, un coello arxentino pide axuda aos seus veciños para recuperar a súa casa, ocupada por un estraño. En
La ciudad inventada conviven varios contos tradicionais de distintos lugares do planeta. Como ocorre coas persoas, relaciónanse entre si, mestúranse e enriquécense, dando lugar a unha historia moderna e de forza irresistible.