Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

M. Teatro Infantil no Nadal: Ringorrango

(para todos os públicos)

Pistacatro Produtora de Soños (GALICIA)
Creación colectiva

Circo, ritmo, música e humor. Todos estes elementos están mesturados nunha hora de diversión asegurada para toda a familia. Malabares con instrumentos musicais, música feita con elementos malabares… un mundo ao revés onde a ilusión, a alegría e o divertimento camiñan ao ritmo imposto en todo momento polos artistas.

Tres cómicos /músicos /malabaristas /
acróbatas /bailaríns mesturan todos os seus coñecementos, sempre a ritmo dunha música pegadiza e popular que fará que os espectadores non paren nunca de rir.
Elenco: Xabier García Mera, Aitor Garuz Milla e Pablo Reboleiro Trasno
Duración: 60 min.

Ringorrango

Datas anteriores

28 de decembro
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)