M. Teatro Infantil no Nadal: Diz que diz
(a partir de 6 anos)
Teatro do Frío (PORTO, PORTUGAL)
Autoría: António Torrado
Diz que diz é un espectáculo inspirado nos versos miúdos do libro
Como Quem Diz de António Torrado, que fala do universo fantástico dos poemas utilizando a linguaxe corporal e visual e a manipulación de obxectos.
Neste espectáculo, tres actores, nalgún espazo entre a casa e o quintal, déixanse habitar polo universo poético de
Como quem diz, polos seus espazos e personaxes, dando corpo e voz, melodía e son ás historias e poesías que o compoñen. Para iso contan con unha estrutura escénica plurisemántica, diversos obxectos manipulables e moita, moita imaxinación.