Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

M. Teatro Infantil no Nadal: Babiliglub

(para menores de 3 anos)

Galitoon Productions (GALICIA)
Creación e dirección: Andrea Bayer

Sería posible contar unha historia con catro palabras? Unha pregunta que soa a reto para o valente protagonista desta historia, un peixiño que só sabe dicir Miau!
Un Miau! que provoca unha desafortunada resposta por parte da fauna mariña composta por peixes multicolores e un polbo que só acertan a dicir "non!".
Un "non!" lóxico nun universo mariño onde o guai, o propio e "politicamente correcto" é dicir "glub!".
Que ten que suceder en Babiliglub, unha obra de monicreques en luz negra que nada nun mar de música, movemento e cor para que se poida proferir o ansiado "si" que o espectador agarda? Xa o verás.
Miau!, non!, glub!, si!, catro palabras. Un discurso pola tolerancia e a aceptación da diferenza.
Elenco - Manipuladores: Santiago Alonso, Xurxo Cortázar e Óscar Ferreira
Iluminación: Xurxo Cortázar
Música: Xosé Liz e Elena Paz
Duración: 35 min.

Babiliglub

Datas anteriores

26 de decembro
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)